COMUNICADO OFICIAL - PROTOCOLO COVID

CambiosProtocolos.pdf

DEBUTA O PRE-MINI MIXTO

No descanso do partido de onte, correspondente á 11ª xornada da liga #EBA, tivemos a oportunidade de ver e disfrutar das primeiras carreiras, pases e canastas do noso pre-mini mixto, as nenas e nenos máis pequenos da familia PBB. Sempre é un momento moi especial para todas/os o ver cómo arranca o camiño para os cativos. Esperamos que o disfruten durante moitos anos. 


Domingo, 28 de Novembro de 2021 - 22:41h

Xunta Directiva

¡A 5ª DO SENIOR FEMININO!

Impresionante inicio de tempada tamén para o noso equipo senior feminino, que se mantén imbatido na competición tras ter disputado as primeiras 5 xornadas da liga regular. Resultado final no día de onte: A Dorna 58 - PBB 71 

Foto: Adestrando de azul, en conmemoración do 14 de Novembro, Día Mundial da Diabetes.


Luns, 15 de Novembro de 2021 - 13:05h

Xunta Directiva

SEGUE A RACHA dO EBA: 6/6 

Sexto encontro de liga EBA  no grupo A-B e sexto triunfo do noso equipo, nesta ocasión impoñéndose ó Hereda Ávila Auténtica por 70-63, para continuar compartindo a 1ª posición da clasificación, empatado con Obradoiro  CAB.  Espectacular inicio de tempada e igualmente espectacular o apoio e seguimento da afección, da #FamiliaPBB, que se achega en maior número xornada tras xornada. 


Domingo, 24 de Outubro de 2021 - 18:42h

Xunta Directiva

XORNADA 23-24 OUTUBRO

Encontros da fin de semana + enlaces de inscrición ós que se disputen na nosa casa, en Porriño:
JFA: https://tinyurl.com/pbbjfa
JMA: https://tinyurl.com/pbbjma
CMB: https://tinyurl.com/pbbcm
SF: https://tinyurl.com/pbbsf
EBA:  https://tinyurl.com/pbbeba


Xoves, 21 de Outubro de 2021 - 08:00h

Xunta Directiva

¡O Senior fem volta á casa!

Despois de dúas tempadas de ausencia, xa podemos disfrutar novamente en directo nos partidos das nosas xogadoras do senior feminino.  Felices de telas de volta e ter acadado un primeiro triunfo a domicilio na xornada inicial, contra un Apóstol Santiago que o Sábado ás 16:00h rende visita a Porriño. ¿Vas quedar na casa?

Inscrición para o encontro: https://tinyurl.com/pbbsf


Mércores, 20 de Outubro de 2021 - 08:05h

Xunta Directiva

Previa eba - x4

Voltamos a xogar na nosa casa e queremos contar con todos vós no pavillón. Nesta 4ª xornada visítanos o Corinto Gijón Basket. Lembrade: Sábado, 9-Outubro ás 20h 

Xa podes facer a túa inscrición aquí:

https://app.cluber.es/clubes/9088b430dcc675fac30a1028d192fce9fa4a0a40/pagos/f2452874d25898a75d8c2a69...




Luns 4 de Outubro de 2021 - 09:00h

Xunta Directiva

O CFA ASCENDE Á 1ª División

O noso equipo Cadete Femenino (CFA) acadou praza deportiva na 1ª División Autonómica, tras vencer 60-44 a Salesianos Vigo, no encontro decisivo da Fase Previa celebrado na mañá de hoxe no Pavillón de Santa Isabel, en Santiago de Compostela. 

Enviamos unha felicitación ás rapazas e seu adestrador.


Sábado 2 de Outubro de 2021 -  12:05h

Xunta Directiva